- IES San Clemente, Santiago de Compostela, Galiza. CS ASIR.
- 1st Vocational Lyceum of Ierápetra, Ierápetra, Creta. Curso profesional de xardinería.
O resultado final é un website bilingüe en galego e grego con información técnica (recomendacións para unha mellor urbanización de zonas verdes, por exemplo), planos e debuxos feitos polos estudantes, imaxes de ambas cidades, etc.
O proxecto forma parte do programa “Lanzadeiras Coruña” (plan Eduemprende da Consellaría de Educación) e do plan do EDLG do IES San Clemente.
No centro galego participan os alumnos Félix Pardal, Pablo López, Pablo Otero, Daniel Rey, Daniel Herranz e Mario Michelotti, coa coordinación do profesor Marcos Vence e da auxiliar de conversa Maggie Ryan.
Distincións: Selos de Calidade Nacionais eTwinning en España e Grecia, Selo de Calidade Europeo eTwinning, primeiro premio na competición nacional eTwinning en Grecia, Move2Learn, Learn2Move
Máis información:
- TwinSpace
- Programa Lanzadeiras Coruña
- "La Opinión" de A Coruña: proxecto
- Díptico sobre ToxoSoftware
- Formación adicional
- Blogue do 1º EPAL de Ierápetra
- Mostra de Lanzadeiras Coruña en "La Opinión"