O proxecto eTwinning “Easter/Spring wishes” acaba de ser galardonado co Selo de Calidade Europeo.
O alumnado galego traballou con alumnado de Portugal e Suecia.
Isto é o que conta Patricia Conde do proxecto:
"No
curso 2016-2017, os alumnos da profesora Patricia Conde Pardo, na sección de
Coia da EOI de Vigo, participaron xunto con alumnos da ES Dona Inês de Castro
en Portugal, alumnos do Björkäsgymnasiet en Suecia e alumnos do IES Álvaro
Cunqueiro en Vigo nun proxecto eTwinning, titulado Spring/Easter wishes, que vén de ser galardonado no pasado mes de
Outubro co Selo de Calidade Europeo.
O
proxecto xa obtivo previamente sendos Selos de Calidade Nacionais en España e
Portugal e contou coa participación dun total de 4 profesores de 4 centros
distintos e 3 países europeos, empregando o inglés e o español como linguas de
comunicación. O proxecto permitiu a alumnos portugueses, suecos e
españois intercambiar postais e comentarios sobre a primavera ou a Pascua para
coñecerse mellor os uns aos outros así como as costumes e ditos que existen nos
distintos países en relación coa Pascua e/ou a primavera"