No proxecto (De)constructing Gender Through Advertising da eTwinner galega Ana Belén López Pérez, profesora do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, colaborouse con socios de Rumanía, Portugal, Italia, Francia, Turquía e Ucraina.
Isto é o que nos conta a profesora Ana Belén Pérez sobre o seu proxecto:
"(De)constructing Gender Through Adverising xurdiu da necesidade de espertar a mirada crítica dos nosos rapaces cara a realidade mediática actual. Esta pasa con frecuencia desapercibida pero afecta enormemente á nosa visión da contorna. Centrámonos nos estereotipos de xénero na publicidade e os participantes dos cinco países analizaron anuncios en distinto formato tratando de centrarse nos aspectos máis nocivos para as relacións entre xoves europeos. Traballamos en cada unha das realidades nacionais para comparalas e coñecer as propias e as dos outros. Na última fase do proxecto ofrecemos alternativas que superan eses estereotipos."
Este é o Twinspace do proxecto.
Aquí podedes ver a súa páxina de Facebook