O proxecto Las mascotas se van de viaje do eTwinner galego Javier Estévez, profesor no colexio Divino Salvador de Vigo vén de ser recoñecido co Selo de Calidade Europeo.
O alumnado galego traballou con socios de Italia, Polonia, Finlandia e Francia.
Esto é o que nos conta Javier Estévez sobre o seu proxecto:
"Varios países europeos atópanse ao redor deste proxecto: unha mascota viaxa por Europa e redacta o seu diario de a bordo. Cada etapa é unha ocasión para descubrir como viven os nosos veciños europeos: os seus costumes, as festas de Nadal,a gastronomía, os ritmos escolares...
Houbo tantas mascotas como países que participaron. En cada escala, os alumnos acollían á mascota e lían a súa ficha de identidade (creada polo primeiro colexio), logo escribían unha nova páxina do diario falando en primeira persoa, desde o punto de vista da mascota (é dicir como un turista que descubrise unha nova cultura). Ao final do ano escolar, a mascota volvía ao seu colexio inicial e os alumnos descubrían o seu percorrido e o seu diario completado,
- Mellorar as competencias dos alumnos en linguas estranxeiras (español).
- Desenvolver a motivación dos alumnos para aprender unha lingua estranxeira (neste caso o español) poñéndoos ao contacto doutros alumnos que tamén aprenden este idioma e tomando conciencia de que unha lingua tamén se fala fóra das súas fronteiras.
- Iniciar aos alumnos á escritura colaborativa.
- Descubrir países europeos e familiarizarse coa súa cultura.
No noso caso, sendo galegos, o proxecto serviunos para afianzar a lingua castelá na súa faceta escrita, para desenvolver a competencia lingüística dunha forma lúdica e motivadora.
Para iso, cinco colexios de diversos lugares da xeografía europea colaboraron entre sí e intercambiaron as súas mascotas.
Italia, Finlandia, Polonia, Francia e España uníronse a través dos seus alumnos/as e duns peluches viaxeiros que coñeceron as diferenzas e coincidencias da cultura desas distintas rexións europeas. O como se vive o Nadal, como é o día a día dos alumnos, a gastronomía... e os mil e un detalles que un lugar adquire ao longo da súa historia, reflectíase ao final da viaxe e en cada un dos diarios. Con eles os alumnos e alumnas sentíronse máis próximos aos seus veciños europeos, cos que viviron un ano de viaxe a través das súas mascotas."

Noraboa polo Selo de Calidade Europeo!!!